
Nos vindeiros días iniciaranse as actividades que baixo o nome“Sinte Ribeiro”, ponse en marcha para dar a coñecer algúns dos viños de maior interese desda denominación de orixe. Para esto, existen diversas rutas nas que participan establecementos hostaleiros de diferentes localidades.
BEBER RIBEIRO ten premio
As Rutas Degustación do Ribeiro integran unha selección de 36 viñotecas e tabernas nas cidades de A Coruña e Ferrol, e as localidades de Oleiros, Betanzos, Narón, Neda e Pontedeume. Entre todas elas farase o reparto de 900 premios que inclúen aloxamentos en casas rurais da Ruta do Viño do Ribeiro, lápis USB, sacarrollas e refrixeradores de botellas.